Este marco está situado estratexicamente para que as persoas que o desexen podan tomarse fotos dende ese lugar coa silueta da cidade coma fondo.
A antiga ponte do río Tripes é un espazo que ofrece unha espléndida vista de Tui, resaltando a silueta da catedral , recortada contra o ceo e o casco antigo aos seus pés, polo que as fotografías tomadas desde ese punto son moi vistosas. Ademais, O Concello porá en marcha en breve un concurso para as persoas que se retraten neste emprazamento.
Por outra banda, tres letras móbiles de gran tamaño en cor branco, que forman a palabra Tui, están colocadas na Oficina de Turismo, na praza de San Fernando.
Dende a Concellería de Turismo agardan que as imaxes que se tomen nestes dous emprazamentos pronto comecen a circular nas redes, creando así un novo punto de atracción e promoción turística.