Tras pasar por localidades próximas como Nigrán, o Rilla na Rúa fai parada na vila real, onde a música estará presente da man de distintos Djs e os concertos de grupos como Pega Negra (venres), Algo pasa con Mery (sábado) e La Supersónic (domingo).
Tamén haberá actividades infantís (obradoiros, pinta mandilóns, maquillaxe, estampación…) e o Monkey Market, con dez postos no que se poñen á venda produtos de artesanía.