As clases terán lugar na aula de formación TIC na Avenida de Beiramar e en setembro abordarán materiais como a procura de emprego e a iniciación á folla de cálculo, á informática e á robótica. En outubro, Internet e trámites administrativos, Mecanografía e Ofimática Básica.
Os interesados poden informarse e/ou inscribirse no teléfono gratuíto 010 ou no 986 810 260, cos requisitos de estar empadroado na cidade de Vigo. O Concello concederá preferencia a aquelas persoas que non participaran previamente no mesmo curso solicitado.