O curso terá lugar do 6 de setembro ao 11 de outubro, no centro multiusos Ángel Bedriñana de Baiona, en horario de 9 a 14 horas. Os interesados en obter máis información poden contactar coa Oficina de Información Xuvenil do Concello de Baiona, co teléfono 986 385 925 ou a través do enderezo electrónico xuventude@baiona.org.
O uso das impresoras 3D está cada vez máis estendido en sectores como a arquitectura, a industria, ou a automoción, e na actualidade está a implantarse na alimentación ou en prótese médicas, polo que esta formación é moi demandada polo tecido empresarial.