Concretamente, os traballos consistirán no acondicionamento da beirarrúa dereita dende o comezo da estrada ata o cruce previo ao parque existente nesa mesma marxe e da beirarrúa esquerda dende o comezo da estrada ata o PQ 0+210, con pavimento e bordo de granito. O ancho de beirarrúa será de 2,5 metros.
Ademais, levarase a cabo a renovación de servizos como o abastecemento, electricidade, luz, telefonía, saneamento ou pluviais. Tamén reporase o firme no treito entre o PQ 0+000 e 0+210.
O Rosal
Igualmente, a Deputación de Pontevedra vén de licitar a mellora da mobilidade peonil na EP-3302, no Rosal, dende o PQ 1+365 e o 1+940 do Rosal. O período de presentación de ofertas por parte das empresas permanecerá aberto ata o 12 de setembro e o orzamento para acometer a actuación é de 178.743 euros.
Preténdese, entre outras cuestións, executar unha senda peonil en formigón coloreado cun trazado paralelo á EP-3302 pola súa marxe esquerda. Esta senda comezará no núcleo de Valdemiñotos en dirección sur-este (PQ1+940 ata o PQ1+365) ata o paso elevado que da acceso ao núcleo de San Miguel de Tabagón. Deste xeito establecerase un itinerario segregado do tráfico rodado aportando unha alternativa de mobilidade máis segura para a veciñanza.
A actuación tamén contempla a mellora da drenaxe lonxitudinal mediante cunetas de formigón e unha zona entubada na estrada provincial para recoller as augas procedentes do exterior da estrada. Ademais, prevese a presinstalación do alumeado público a través dunha dobre tubaxe soterrada de PVC corrugado.