Abel Losada, María del Carmen Lago, María José Caride, Jaime Aneiros, Nuría Rodríguez e Cayetano Rodríguez entrarían a formar parte como vogais a instancias do PSOE. A proposta dos grupos do PP e Mixto, incorporaranse ao Padroado, os concelleiros Teresa Egerique e Oriana Méndez, respectivamente.
Este organismo -dependente na súa maioría do Concello de Vigo, que achega o 75% do seu financiamento con 605.00 euros anuais- debe ser renovado outra vez tras a celebración das eleccións municipais.