A formación, enfocada a saber como afrontar episodios de malos tratos, desenvolverase durante os días 19 e 21 de novembro en horario de 16.00 horas a 20.00 horas. As clases terán lugar no Pavillón Óscar Pereiro.
A inscrición para participar nel deberá de formalizarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica municipal, na web www.mos.es. O prazo para anotarse comezará o 28 de outubro e finalizará o 11 de novembro.