No 1570 levantouse a actual torre sobre outra primitiva. Reedificouse no 1730 por ameazar ruína a anterior substituíndose nesta esta data a campá mentres o reloxo mecánico, doado por José Manuel Andreini, data de 1924. No corpo da torre destacan os escudos de armas.
Estes traballos realízanse despois da rotura parcial da esfera do ‘reló’, de xeito que estará fora de funcionamento ata que a esfera sexa substituída por unha nova, á vez que se realiza o mantemento do seu conxunto. Este elemento patrimonial é un dos máis fotografados polos visitantes que se achegan A Guarda cada ano, ademais da súa utilidade para ter informado aos veciños da hora.