Ademais, está en proxecto a mellora de alumeado e augas pluviais en Samil e xa están acabadas as obras en outros dous campos non municipais, os de Valadares e San Miguel de Oia. O vindeiro ano tamén se acometerán os traballos no campo de Matamá.
Igualmente, xa están acabadas as obras dos campos de Candeán, Meixoeiro, Navia, Bouzas e A Bouza. Están pendentes as reformas de Fragoselo, Carballal, A Guía e O Vao. Son en total 16 campos que suman un investimento de 10 millóns de euros.