Os asistentes a este evento poderán ver durante a mañá e por vez primeira en Galicia un duatlón canino ou probas máis coñecidas como ‘canicross’ na que participarán o campión nacional Óscar Piñeiro ou o atleta exolímpico Alejandro Gómez (tamén entre os tres mellores de España). Igualmente, terán lugar competicións de tiro con can como patín ou ‘bikejoring’ (con bicicleta) e andaina canina ou ‘cross running’. Durante a mañá as probas comezarán ás 9:00 horas e finalizarán ás 14:00 horas coa entrega de premios.
Xa durante a tarde, celebraranse exhibicións de obediencia canina a cargo do club Zarkocan ás 16:00 e ás 17:00 de pastoreo de ovellas (moi pouco común no sur da Provincia) a cargo do Club Terras do Xesteira (Cuntis).
O emprazamento en Porto do Molle permitirá que o percorrido das probas resulte moi vistoso para os asistentes, que terán un campo visual practicamente de todo o trazado por onde discorran. «Mediante o deporte, dende o Club Zarko Can queremos, sobre todo, sensibilizar sobre o que significa ter un can», explica o seu responsable, Ángel Lira.