A sala de prensa do Concello acolleu este luns a presentación do Festival, que conta coa apoio do Concello de Vigo, entre outros colaboradores. Segundo explicou o organizador do evento, Tincho Fernán, a proposta ofrece dúas horas de música e unha decena de artistas, que interpretarán dous temas cada un en formato acústico.
O público asistente poderá gozar das actuacións de La Tronka Jazz Quartet, Sheila Patricia, Los Marcianos, Ari Magritte, Époje Tatum, Walter Cesar, Nos Molsom, Antonio Tato, Ritmoceronte e o propio Tincho Fernán. A entrada será gratuíta ata completar aforo.