Compartindo as propias historias e escoitando as das demais persoas, o obxectivo é valerse das palabras para expresar e simbolizar conflitos e emocións. O reto é converter a lectura e a escritura en grupo nunha conversa que invite a reflexionar sobre as experiencias das mulleres.
Serán oito sesións en horario de 19:00 a 20:00 horas, todos os xoves entre o 10 de outubro e o 28 de novembro. A actividade está dirixida a mulleres, é gratuíta e ten prazas limitadas. O período de inscrición remata o 7 de outubro
Para anotarse pódese acudir ao Centro de Documentación e Recursos Feministas (Joaquín Yañez, 6-2º andar) ou enviar un correo ao enderezo electrónico centro.documentacion.feminista@vigo.org. Outra opción é achegarse á Concellería de Igualdade do Concello de Vigo (1º andar do edificio consistorial) ou remitir unha mensaxe á dirección ofi.muller@vigo.org.