O obxectivo do concurso é fomentar a creación musical e premiar o espírito creativo por parte de bandas sen disco propio e sen espazos. A votación popular realízase na páxina web vigosonico.org; os votos dos usuarios valen un 50% e o outro 50% resulta dun xurado conformado por persoas recoñecidas profesionalmente dentro do mundo da música.
Nos concertos celebrados durante a primeira fase do concurso Vigo en Vivo participaron os grupos Rusty Bones, Tai G, María Canosa, Tinta, Lyer & Dj Mirage, Dioivo, Durplefly, Blue Sunflowers, Marlowe, Ronseya, Grupo NÓS, Ensamble Verxel, Keren Hapuc e Ash Santos. O Concello concede tres premios aos gañadores. O primeiro permitirá gravar tres maquetas en Vigosónico e realizar un videoclip do tema que elixan; o segundo galardón consiste na gravación de dúas maquetas en Vigosónico e o terceiro na gravación dunha maqueta en Vigosónico.