Así, a Biblioteca-Centro de Documentación do Marco amplía a súa actividade coa creación dun Club de Lectura en torno a obras literarias que teñan a arte como elemento argumental que se celebrará cada terceiro venres de mes dende este mes e ata maio de 2020, entre as 19:00 e as 21:00 horas.
A Biblioteca-Centro de Documentación do Marco proporciona información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos da cultura contemporánea. Amais, reforza a súa programación con actividades especiais como a participación en campañas de bookcrossing ou as visitas guiadas á biblioteca.