O evento comeza este martes con Dúo Acrobático, que representará ‘Descubríndonos’, e coa Compañía de Danza da Fundación Igual Arte e a súa produción ‘Procura de visión’ (20:15 horas). A segunda xornada permitirá asistir á proposta do artista Jonas Desquay, da École de Cirque de Bruxelles, e posteriormente subirán ao escenario as compañías Media Punta, Conservatorio Mayeusis, Dance Academy e un dúo de danza que representará a peza ‘Breviario Dispersivo’.
O xoves será o momento da segunda función do belga Jonas Desquay e de Danzass, que presentará ‘Vestixio’, mentres que a Asociación MeetShareDance representará ‘Sapere Aude’. O festival acollerá a exposición de fotografía ‘Corpo e movemento’ coas imaxes de Aitor Rivera, Gonzalo Gómez, Vanesa Lea, Pilar Rego, Laura Faro e Laura Rivas. Ademais, estarán as dúas finalistas na categoría de ‘Fotografía’, Patricia Rodríguez con ‘Pantasma’ e Vanesa Gómez con ‘Facendo deporte ao aire libre’.
“Veñen persoas de todo o territorio español e tamén quixemos que estiveran presentes compañías de danza da cidade, como Mayeusis e Media Punta, pero tamén de fóra. Estamos moi contentos, é unha experiencia pioneira no territorio español, oxalá Vigo sexa capital de estes encontros culturais”, destaca Cristina Lago, presidenta da fundación Igual Arte.