Este novo sistema de accesibilidade web multifuncional será financiado con Fondos Edusi da Unión Europea, dentro do programa Vigo Vertical, que procura a accesibilidade en tódolos ámbitos, e terá un importe de 41.400 euros.
Trátase dunha ferramenta adicional para estas páxinas web que permitirá a navegación accesible por recoñecemento de voz, por sopridos ou mesmo cun único pulsador para persoas que sufran discapacidades avanzadas. A previsión é poder iniciar a súa aplicación a partir do vindeiro ano.