Redondela ofrece o vindeiro venres 18 de outubro tres sesións (17:00, 18:00 ou 19:00 h.) unha Escape Room no Multitusos da Xunqueira. Organizado polas Bibliotecas de Redondela, a actividade está dirixida a nenos de 9 a 12 anos e será de balde, previa inscrición no teléfono 986 40 15 61. As prazas son limitadas, polo que desde a Biblioteca lembran que é preciso inscribirse.
A Ciencia de Harry Potter
As Bibliotecas de Redondela tamén ofrecen este xoves, 10 de outubro (18:30 horas), outra actividade infantil. Neste caso será na Biblioteca de Chapela, onde o grupo Ceo Aberto sorprenderá e divertirá aos nenos e nenas cunha proposta de ciencia lúdica e didáctica.
A proposta está deseñada para rapazada de 7 a 12 anos e os interesados poderán inscribirse na biblioteca. A actividade recibe o nome de «Ciencia de Harry Potter», un espectáculo-charla cientifíca de inspiración literaria. A través de experimentos espectaculares percorre o mundo creado por J.K. Rowling e analizando desde a óptica da ciencia a viabilidade no mundo real ou non do universo literario de Harry Potter.