Este proxecto experimental nace co obxectivo de recuperar terras en desuso ou abandonadas servindo de guía e incentivo para a producción de arándanos, framboesas e amoras entre veciños e demais comunidades de montes (neste caso trátase de solo completamente calcinado nos incendios de 2017, que afectaron ao 99% da parroquia). Este cultivo, que non precisa de gran superficie e resulta moi rendible económicamente, resulta idóneo para pequenos terreos infrautilizados en Galicia, contribuíndo así non só a xerar emprego, se non a evitar os lumes (producidos en gran medida polo abandono do medio rural).
«Recibimos a proposta con entusiasmo porque dende o Concello o que buscamos é ofrecer ás comunidades de montes alternativas á plantación de eucaliptos para a superficie queimada, que é algo que estas entidades teñen tamén moi claro, por iso estamos moi agradecidos á Deputación e Asefoga de que buscasen este espazo en Nigrán», indica o alcalde, Juan González, quen recorda que, precisamente grazas á Deputación e á colaboración das comunidades de montes de Camos e Chandebrito, Nigrán contará co primeiro parque forestal da comarca.
Deste xeito, técnicos de Asefoga iniciarán neste mes de novembro a preparación do terreo (non require unha preparación tan exhaustiva como outros cultivos) para, a inicios de decembro, realizar a plantación, que se agarda empece a dar os primeiros beneficios económicos ao cabo de tres anos (estímase que a partires do séptimo ano a producción chega ao seu máximo cun rendemento de 11.000/20.000 kg/ha). Unha vez a plantación esté concluída (que será antes de que remate o ano) a Comunidade de Montes de Chandebrito asume o compromiso de coidala, mantela e explotala a lo menos dez anos, estando os primeiros tres anos totalmente asesorados por técnicos de Asefoga (periodo que se considera o máis delicado para que acade o seu completo desenvolvemento). Ademais, a Comunidade de Montes de Chandebrito se compromete a facilitar visitas a grupos ou persoas interesadas en coñecer o proceso para a producción de froitos vermellos.
«O PH ácido do solo de Galicia, a humidade e o clima atemperado fai que esta terra resulte especialmente idónea para cultivar os froitos do bosque, estes contan cada vez con maior demanda por parte do consumidor e teñen un rendemento económico moi superior ao resto de froita, xa que se están a vender en fresco a unha media de 7/15 euros kilográmo, sendo o arándano o mellor pagado», explica Diego Barral, técnico de Asefoga que traballa neste proxecto. Así, segundo os últimos datos, en España a facturación de `berries´ aumentou un 300% nos últimos cinco anos debido a súa crecente popularidade entre os consumidores polas súas cualidades dietéticas, gustativas e terapéuticas (consúmense fundamentalmente como producto fresco pero tamén en marmeladas, deshidratados ou conxelados).
A Deputación destinou 36.000 euros a promover o cultivo sustentable, mellorar o coñecemento dos froitos do bosque (amoras, arandos ou framboesas) e facer fincapé na importancia ambiental da recuperación das parcelas agrícolas e forestais en desuso.