A Fundación Premios da Crítica Galicia achega cuarenta e dous anos de existencia co recoñecemento das personalidades máis destacadas nos diferentes ámbitos da vida cultural galega. A súa existencia vai unida, polo tanto, á cultura galega. Os documentos abranguen as actas dos xurados, o material utilizado como cartelería e publicidade, diverso material audiovisual, e moitos máis documentos nos que destacan os relacionados coas fases previas fundacionais. O conxunto dos arquivos constitúen un fondo documental de enorme valor que a partir de agora estarán ao alcance, de xeito gratuito, para estudos e traballos de investigación relacionados coa cultura galega. Na fotografía pode observarse aos representantes da Fundación Premios da Crítica Galicia cos representantes da Fundación Penzol o día da cesión dos históricos documentos.