Previamente o vehículo de aluguer, un Seat León con matrícula do país veciño, fora avistado na Subida á Risca facendo unha manobra brusca, polo que se activou un operativo. Os policías que interceptaron o automóvil comprobaron que o condutor presentaba un hematoma no ollo dereito e un traumatismo cranial. Dentro do turismo había catro mozos, un deles menor de idade.
O condutor recoñeceu entre bágoas que levara ós mozos desde Oporto ata Vigo o luns 5 e que cando lles manifestou o martes 6 que quería regresar a Portugal, impedíronllo con golpes. A súa declaración concorda cunha denuncia presentada en Portugal por detención ilegal desta persoa.
En consecuencia, os sospeitosos foron detidos, abríronse dilixencias e remitíronse ao xulgado baixo una acusación de detención ilegal. Tras comparecer perante o xuíz, quedaron en liberdade como investigados. Pola súa banda, a vítima foi trasladada polos propios axentes ao centro de saúde para ser atendido das lesións que presentaba.
Dáse a circunstancia de que o esclarecemento deste caso de secuestro sobreviño cando a Policía Local despregaba o pasado luns una operación de “peche perimetral” ao recibir a noticia de que esa noite acababa de ter lugar un roubo con forza nunha casa dunha urbanización próxima.