Á súa chegada atoparon ao home accidentado en parada cardíaca. Os axentes lograron estabilizalo realizando manobras de reanimación sen ter que empregar o desfibrilador. Nese momento “requiriuse unha ambulancia pero non había ningunha dispoñible polo que un vehículo policial acudiu ao centro de saúde a recoller ao persoal facultativo e levalo ata o lugar do sinistro”, relata o Concello do Porriño.
O ferido puido ser trasladado xa tempo despois por Urxencias Sanitarias ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde se recupera desde o pasado luns, día no que se produciron os feitos.
A administración local quixo subliñar que a pesares de que a ambulancia do 061 ten a súa base no Porriño debe atender a unha poboación superior aos 20.000 habitantes e con varios polígonos industriais. “Non é a primeira vez que nunha situación de gravidade non se dispón da ambulancia porque está a atender outra emerxencia. Por esta razón desde a Concellería de Seguridade, a edil Lourdes Moure volve a reclamar ó Sergas que o 061 habilite unha segunda ambulancia para Porriño e súa área de influencia”, apuntan desde o Concello.