«Domingo Villar, membro da Sociedade Jules Verne, foi o que lanzou a idea e propuxo ao alcalde construir unha réplica a tamaño natural do `Nautilus´, cremos que é un proxecto ambicioso e beneficioso como reclamo do turismo cultural para a cidade, polo que nós sempre estaremos dispostos a colaborar e impulsar a proposta».
Así se refería Eduardo Rolland, presidente do colectivo verniano vigués, ao proxecto que o pasado verán xa planteoulle Domingo Villar a Abel Caballero nunha xuntanza no Concello. Este martes o tema volveu á palestra na Escola de Artes e Oficios (EMAO) onde se levaba a cabo a presentación da edición facsímile de ‘A baía de Vigo’, no seu 150 aniversario.
O alcalde explicara nunha entrevista en Cíes Podcast o pasado mes de setembro que Villar propúxolle construir un «Nautilus» a tamaño real, duns 85 metros, aproveitando que en Vigo é tan importante a construcción naval e tamén que o autor describiu peza peza o barco. «Poderíamos facelo visitable, é moi boa idea, pero un pouco cara, temos que darlle voltas», admitiu entón Caballero.
Congreso Mundial e irmandamento con Nantes
Xunto ao periodista e historiador Eduardo Rolland tamén estaban esta tarde na EMAO o escritor Manuel Bragado e o publicista Carlos Núñez. Entre os tres fixeron unha breve descripción do exemplar e lembraron as visitas de Jules Verne á cidade. Durante a charla tamén houbo tempo para comentar a organización do Congreso Mundial de Jules Verne en Vigo e un posible irmandamento entre a cidade e Nantes, cuna do ilustre escritor francés.
A edición facsimilar do capítulo ‘A baía de Vigo’ chega para conmemorar que hai agora 150 anos publicouse no ‘Magasin d’Éducation et de Récréation’ . O capítulo da novela ‘20.000 leguas baixo dos mares’, de Jules Verne, é un dos principais desta obra, unha das máis populares e traducidas da historia en todo o mundo, e trae ao submarino «Nautilus» do capitán Nemo ata a ría de Vigo para rescatar os tesouros da batalla de Rande.
Co gallo deste sesquicentenario, a Sociedade Jules Verne de Vigo editou unha edición facsimilar, seguindo o orixinal conservado na Biblioteca da Universidade de Minnesota, nos Estados Unidos, que inclúe os espectaculares gravados orixinais que acompañaban a obra. Ademais, esta edición facsimilar inclúe un prólogo que explica as características do capítulo e da súa edición, ademais dunha nova versión en galego desta parte fundamental da obra.