Dende o Concello de Tui lembran que ordenanza municipal do ornato e a limpeza viaria. A colocación de carteis fora dos lugares establecidos está considerado infracción leve e supón a imposición dunha multa de 200 euros.
Estes mesmos carteis están colocados en diverso mobiliario urbano da propia cidade de Vigo, pero neste caso o Concello olívico non fixo nada malia anunciar medidas. Dáse a coincidencia de que hai escaso tempo unha empresa de aluguer de patinetes eléctricos foi apercibida por usar aparcadoiros para bicicletas, lámpadas e mesmo árbores para deixar os seus vehículos pero finalmente non fixo caso ao aviso e a administración local viguesa tampouco foi más alá.