O coro Mistura Vocal e a Escola de Danza Paula Cobián presentan un espectáculo innovador, ambicioso e singular cunha versión do conto de Charles Dickens con música coral de danza contemporánea. Alfredo Rodríguez dará vida ao protagonista da historia Scrooge, e actuará tamén o coro ImaGine VoiZes de Aldeas Infantiles. Unha coidada escenografía deseñada por Eva García e Juantxo García ambientará a posta en escena.
A estrea do ‘Conto de Nadal’ terá lugar o sábado ás 21.00 horas na primeira das funcións previstas. O domingo volverá levarse a escena ás 19.00 horas.
O espectáculo está dividido en cinco actos. As pezas que interpretará o Coro Mistura Vocal van dende o Renacemento, ao pop, pasando por composicións contemporáneas harmonicamente complexas. As 17 bailarinas da Escola de Danza Paula Cobián representarán, con danza contemporánea, as distintas escenas. A duración prevista do espectáculo é de 80 minutos.