O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou este xoves a convocatoria de presentación de instancias na categoría de funcionarios interinos administrativos para cubrir prazas de administrativos de administración xeral no grupo C, subgrupo C1, no Concello de Ponteareas. As persoas interesadas poderán presentar as súas instancias ata o luns 27 de xaneiro.
Con esta convocatoria, a administración local quere dar cobertura á praza vacante do oficial administrativo, adscrita ao conservatorio de música municipal Reveriano Soutullo, e confeccionar listas de contratación para a categoría mencionada.
As instancias dirixiranse ao alcalde e as bases íntegras atópanse publicadas no taboleiros de anuncios do concello e na súa páxina web www.ponteareas.gal apartado de oferta de emprego público.
O BOPPO tamén vén de publicar a oferta de emprego público para que o Concello de Ponteareas poida convocar con posterioridade unha praza de traballador social e tres prazas para a Policía Local (dúas libres e unha de mobilidade).