O deputado Néstor Rego reuniuse este venres en Vigo co portavoz do BNG na cidade, Xabier P. Igrexas, para dar conta do alcance do acordo de investidura subscrito entre o BNG e o PSOE, e que recolle compromisos para Galicia e tamén para a cidade de Vigo.
O concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, apuntou que «a recuperación da presenza do BNG no Congreso dos Deputados non só ía permitir que o noso país existise, se non que ía ser tamén un voto decisivo» e que garantiría «os intereses de Galiza e de Vigo». Do mesmo xeito apuntaba que «onde se ten que constatar que se ten en conta a Vigo e a Galicia é nos comprimisos e decisións políticas».
Pola súa banda, o deputado Néstor Rego salientou «a mudanza que se produciu de Galiza no papel que xoga no Estado» e indicou que «a presenza dun único deputado do BNG fixo desbloquear as solucións a moitas das necesidades e problemas que está a vivir o país e que o propio Goberno da Xunta non foi capaz de facer en dez anos».
Gratuidade da AP9
«Con este acordo márcase unha solución ás peaxes da AP9, que viñan sendo unha dinámica de subas continuadas ata chegar a ser insoportábeis, especialmente para o sector profesional do transporte e das empresas na medida en que encarecía os custos», salientou Néstor Rego. É unha das poucas autoestradas que ten un periodo de concensión ata o ano 2048, prolongándose máis de 70 anos.
Rego indicou que para poñer freo a estas subas o acordo asinado entre as dúas forza obriga «a que haxa como mínimo, un desconto do 100% para os usuarios recorrentes, é dicir, para aquelas persoas que fagan como mínimo dúas viaxes no mesmo día terán a viaxe de maneira gratuíta». No referente ao tramo Vigo-Redondela, para o deputado «é fundamental que se converta canto antes nunha zona libre de peaxes». Ambos obxectivos poderán acadarse, segundo confirmou o parlamentario, coa aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado.
Rede ferroviaria
«Nos últimos anos a atención ferroviaria estivo posta na liña de alta velocidade con Madrid, deixando esquecida a propia rede interior. É urxente compensar o déficit nas estructuras ferroviaria internas e traballar na modernización desa rede ferroviaria», asegura o BNG.
Crise industrial
No acordo tamén se presta atención á crise industrial, con singularidade a construcción naval tanto na ría de Vigo como na ría de Ferrol. No caso da cidade de Vigo cunha situación moi grave, en concreto con Vulcano e Barreras, polo que os nacionalistas apoastaron por «buscar solución a estes estaleiros para darlle estabilidade e continuidade á construcción naval na ría de Vigo».
Rexeneración das Rías
Unha das demandas históricas do Bloque Nacionalista Galego en toda a costa galega é a rexeneración e saneamento das Rías. Aínda que no acordo se trata singularmente a ría do Burgo, o deputado nacionalista afirma que denden o BNG «vamos prestar atención ese compromiso que establece o goberno con caracter xeral de saneamento e de atención á rexeneración das nosas rías que se cumpra coas medidas e cos proxectos que sexan oportunos en cada caso».