A concelleira Yolanda Aguiar animou este luns a toda a cidadanía a acudir o vindeiro día 1 de febreiro ao Auditorio Mar de Vigo para asistir á sétima edición do Festival Musical Familiar Benéfico no que se representará a obra «O Mago de Oz». Organizado pola Asociación Aboal terá un carácter solidario en favor dos colectivos Banco de Alimentos e Harambee.
O Concello de Vigo acolleu este luns a presentación do 7º Festival Musical Familiar Benéfico que o vindeiro sábado, 1 de febreiro (17:00 horas), levará ata o escenario do Auditorio Mar de Vigo a obra «O Mago de Oz».
A concelleira de Políticas de Benestar Social, Yolanda Aguiar, e a subdirectora de formación da Asociación Aboal, Teresa Berbel, anunciaron en rolda de prensa a actuación que terá un carácter solidario en favor do Banco de Alimentos e Harambee.
«Celebramos 25 anos de existencia da Asociación Aboal en Vigo, que deu uns froitos enormes na cidade, aplaudo o seu compromiso e o seu traballo coas familias para atopar un espazo de ocio en común e desde o Concello de Vigo queremos invitar á cidadanía a participar activamente no musical no que se implicaron máis de 100 persoas«, sinalou a concelleira.
Pola súa banda, Teresa Berbel agradeceu o apoio do Concello de Vigo e destacou o obxectivo solidario do evento, que recollerá fondos para a asociación Harambee, que loita en favor das nenas de Kenia, e para o Banco de Alimentos.
No obra participan como actores máis de 70 persoas entre pais, fillos e incluso avós. Ademais, un equipo de 30 persoas colaboran na dirección del musical, decorados, vestiarios, etc. O evento inaugura a celebración do 25 aniversario de Aboal, asociación que traballa en Vigo polas familias co obxectivo de facilitar as ferramentas necesarias aos pais para educar aos seus fillos cos valores que lles podan axudar persoal e profesionalmente.
As entradas, cun custe de 8€ y 1 quilo de alimentos que se entrega o día del evento, están a venda en Ataquilla.