A película ‘O Que Arde’, dirixida por Oliver Laxe e producida por Miraquemira, abrirá a programación cultural do primeiro semestre de 2020 no Teatro Municipal de Tui. O filme, que acadou esta fin de semana o premio Goya a Mellor actriz revelación, para Benedicta Sánchez, e o premio á Mellor dirección de fotografía para Mauro Herce, proxectarase o venres 7 de febreiro ás 21.30 horas.
A programación cultural a desenvolver ata o mes de maio, recollida nun novo número da Axenda Cultural Corredoira, será presentada este venres 30 de xaneiro na sala de reunións da casa do concello. O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, serán os encargados de dar a coñecer os eventos previstos.