Diferentes grupos ecoloxistas de Vigo apoiaron este sábado ao colectivo Vigo Historico coa lectura dun comunicado conxunto en contra do túnel.
Adega, Verdegaia, Greenpeace, Amigos da Terra, Juventud por el Clima e Galiza Ecoloxistas en Acción participaron nunha nova movilización fronte a construcción do subterráneo. No manifesto destácouse a «contradicción» que incorre o Concello de Vigo cando declara a emerxencia climática, pero «a súa medida estrela é un túnel que mantén as emisións no centro da cidade».
Os opositores destacan que para peonalizar a praza, antes que construir un túnel, hai que «buscar medidas sostibles, que reduzan o tráfico, non que o perpetúen». Os fondos europeos para desenrolo urbano sostible «deben usarse para reducir as emisións, non para construir infraestructuras para coches que perpetúen o tráfico, e que van en contra do obxectivo da futura lei de transición ecolóxica».
Todos os colectivos participantes reclamaman a paralización das obras e abordar unha peonalización sostible dende o diálogo.
Para amenizar o acto, animouse a xente a disfrazarse de árbores para resaltar a «sistemática retirada das mesmas en moitas das actuacións que leva a cabo o concello no centro urbán».