A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a sétima concesión de subvencións do Plan Concellos 2020 correspondentes á Liña 3 de Emprego coa que os concellos da provincia reciben a financiación necesaria para poder contratar traballadores e traballadores municipais. En concreto aprobouse unha achega de 353.929,30 euros que beneficiarán aos concellos de Cangas e Mos.
Máis polo miúdo Cangas, que recibirá 242.469€, poderá contratar a 27 persoas: 1 auxiliar administrativo, 2 persoas para conserxería, 2 peóns ou peoas de emerxencias, 1 oficial albanel, 1 peón ou peoa electricista, 3 de xardinería, 9 peóns ou peoas agrícolas, 1 condutor ou condutora de vehículos municipais e 7 peóns ou peoas varredoras.
Pola súa banda, Mos, que recibe unha achega de 111.460,30 euros, contratará a 7 persoas: 1 monitor ou monitora de mantementos físico, 3 peóns ou peoas operarias de mantemento de parques e xardíns e 3 peóns ou peoas de obras públicas.
A selección deste persoal faise desde os concellos, entre persoas desempregadas, a través do Servizo Público de Emprego e os contratos estenderanse ata o 31 de decembro deste ano 2020.
Co Plan Concellos 2020, a Deputación pon a disposición dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes 42,2 millóns de euros. En concreto para a Liña 3 de emprego achega 9,5 millóns de euros