A Universidade de Vigo confirmou os dous primeiros positivos por coronavirus en membros da comunidade universitaria. Trátase dun docente da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do campus de Vigo e dunha alumna que cursa estudos de Dereito no campus de Ourense. “A eles queremos transmitirlles o noso agarimo”, sinalou o reitor, Manuel Reigosa, tras coñecerse este dous primeiros contaxios por Covid-19 no seo da institución académica.
Reigosa tamén mandou unha mensaxe de ánimo a todo o colectivo universitario. “Temos a confianza de que, máis cedo que tarde, estaredes completamente curados, e para o resto da comunidade, sirvan estes dous primeiros casos para tomar conciencia do serio da situación”, indicou.
Con esta dobre mensaxe se dirixía aos dous infectados pero Reigosa pero tamén ao resto do PDI, PAS e alumnado da institución, aos que recordou “que é imprescindible que quededes na casa, salvo casos realmente xustificados e tomando todas as precaucións aconselladas” para reverter a situación.