Os novos canóns de desinfección empregados polo Concello de Vigo comezaron a percorrer a cidade para evitar que os espazos públicos da cidade se convertan en focos de contaxio do coronavirus Covid-19. Estes aparellos, cedidos de balde pola empresa Galca, están a ser empregados en vehículos municipais por persoal da administración local.
O persoal do Concello de Vigo está a desinfectar a practica totalidade da cidade, incluíndo “todas as parroquias de Vigo”: Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Coruxo, Matamá, Saiáns, San Andrés de Comesaña, San Paio, Sárdoma, Valladares, Zamáns, Teis, Lavadores, Navia e Oia, segundo informou Abel Caballero.
O persoal opera con cisternas, sulfatadoras e canóns, con especial atención aos albergues, establecementos de alimentación e centros de saúde. Os catorce equipos encargados da desinfección diaria funcionan en quendas de mañá, tarde e noite. “A maior garantía na loita contra o coronavirus é o illamento, os hábitos persoais e a desinfección de toda a cidade”, asegurou Caballero.
O Concello acomete tamén a desinfección diaria dos mercados, os centros comerciais e os ambulatorios. Ademais, cada día límpanse os arredores das farmacias, supermercados e estancos no centro da cidade e dependencias como o pavillón do Berbés (habilitado para persoas sen teito), CEDRO, a Policía Local, os parques de Bombeiros de Teis e Balaídos, o Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social de Marqués de Valterra, Protección Civil e os cemiterios de Pereiró, Teis e Lavadores.
Por outra banda, o rexedor avanzou que este mércores serán entregados 30 colectores especiais a Fátima e outros doce a Povisa para residuos hospitalarios que son fabricados e doados por Contenur, concesionaria do mantemento dos contedores e papeleiras da cidade.
Zonas nas que se actúa
O Concello efectúa cada día a desinfección nas parroquias anteriormente citadas e nos centros de saúde de Teis, A Doblada, Bolivia, Cuba, Rosalía-Beiramar, Casco Vello, Pintor Colmeiro, López Mora, Coia, Navia, Coruxo, Matamá, Sárdoma, Bembrive e Lavadores, xunto ao Nicolás Peña e Povisa.
E ademais, no casco urbano na Avenida Aeroporto, Álvaro Cunqueiro, Aragón, Areal, Avda Atlántida, Avda Galicia, Avda Madrid, Balaídos, Barcelona, barrio da Rola, barrio da Salgueira, barrio das Flores, barrio de Ribadavia, barrio de San Roque, barrio da Estrada Provincial, Bichita, Blein Budiño, Buenos Aires, Cachamuíña, Camelias, Canido, Casco Vello, Casco Vello de Bouzas, Avda Castelao, Centro Comercial A Laxe, Centro Comercial Alcampo de Coia, Centro Comercial Coia 4, Centro Comercial El Corte Inglés, Centro Comercial Gran Vía, Centro Comercial Plaza E, Centro Comercial Travesía, Cervantes con Rogelio Abalde, Colón, Coruña, Elduayen, escaleiras da Cruz Vermella, Falperra, Florida, Fragoso, García Barbón, Gorxal, Gran Vía, Gregorio Espino, Hispanidade, Jenaro de la Fuente, Lalín, Llorente, López Mora, Martínez Garrido, Mercado de Bouzas, Mercado de Travesas, Mercado de Cabral, Mercado de Teis, Mercado do Berbés, Mercado do Calvario, Mercado do Progreso, Camiño de Mide, Moledo, Montero Ríos, Paseo Alfonso XII, Paseo de Granada, Urzáiz, Pi y Margall, Pintor José Frau, Pizarro, Praza América, Praza da Estrela, Praza de Compostela, Praza IES Aragón (fontes de Aragón), Praza Independencia, Praza Industria, Praza Sanjurjo Badía con Santander, Policarpo Sanz, Porta do Sol, Portanet, Pracer, Praza de España, Praza do Rei, Praza Fernando el Católico, Praza Isabel a Católica, Príncipe, Ramón Nieto, Rectorado, Ríos, Romil, Rosalía de Castro, Sanjurjo Badía, Santa Marta, Santiago de Vigo, soportáis do Berbés, Teixugueiras e transversais, Tomás Alonso, Torrecedeira, Travesía de Vigo, Venezuela, Zamora, Zaragoza e barrio dos Paxaros.