A área sanitaria de Vigo instalou este mércores doce módulos de descanso para os residentes de garda, acondicionados como habitacións individuais. Trátase dunha nova medida organizativa, con carácter provisional, prevista no Plan de Continxencia deseñado pola xerencia fronte a pandemia do COVID-19.
Estes módulos estanse a colocar na explanada da fachada sur do Álvaro Cunqueiro (próxima á rotonda de Urxencias), que dispón dun acceso directo ao edificio hospitalario á carón dos vestiarios e do servizo de Urxencias. A previsión é que a partires do venres xa podan estar operativos.
Trátase de aloxamentos temporais, cunha superficie de 15,15 metros cadrados e un volume de 43,49 metros cúbicos. No seu interior están dotados con electricidade e calefacción.
Con esta medida libérase unha área de hospitalización que estaba a ser utilizada para esta finalidade, en previsión do incremento das necesidades de ingresos hospitalarios a pacientes con coronavirus, ao tempo que se garante que cada profesional dispoña de habitación individual e non teña que compartila, para evitar así o risco de contaxios.