Abel Caballero reunirase o vindeiro xoves por vídeoconferencia cos responsables dos ministerios de Sanidade, de Transición Ecológica e de Política Territorial para estudar a desescalada da pandemia do Covid-19 en coordinación coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
O alcalde de Vigo e presidente da FEMP manterá unha xuntanza a partir das 16:00 horas con Salvador Illa, Teresa Ribera e Carolina Darias para planificar os primeiros pasos da volta á normalidade e a reconstrución social e económica do país.
O Goberno da FEMP estará presente dado que está previsto que as administracións locais xoguen un papel importante da saída da crise e na implantación das medidas que se vaian adoptando.
“Agradezo a convocatoria e recoñezo a consideración do Goberno central para manter a reunión”, sinalou o rexedor vigués tras lembrar que este luns o propio presidente, Pedro Sánchez, mantivo unha xuntanza coa FEMP. En dito encontro acordouse a celebración desta nova reunión para perfilar a desescalada na que os municipios, deputacións e cabildos terán unha labor “central”.