Chámase Esteban Díez Fontaneda, de 89 anos de idade e veciño de San Rafael, Pereiras, e regresou a tarde deste martes a casa tras superar un diagnóstico do coronavirus. Esteban pasou dúas semanas na UCI e case un mes ingresado, tras terse contaxiado de Covid-19.
Este martes, a súa chegada ao seu domicilio en ambulancia foi recibido polos veciños. «É o aplauso unánime de todo o pobo de Mos vai hoxe para ti Esteban», indicaron desde o Concello.
Con problemas pulmonares previos e moitos días no Hospital Álvaro Cunqueiro, Esteban voltou a casa e foi recibido como un auténtico heroe. Alí tamén había axentes da Policía Local de Mos, Emerxencias e Protección Civil de Mos, a alcaldesa, Nidia Arévalo, e varios concelleiros mosenses.