O Concello de Tui vén de anunciar a suspensión de todos os eventos públicos culturais e deportivos organizados polo propio concello ata o 30 de xuño. Do mesmo xeito, continuarán pechadas as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo, coma a biblioteca, o teatro, a sala de exposicións, e os centros culturais municipais das parroquias, mentres non se dea unha situación favorable de acordo coas recomendacións das autoridades sanidades.
Así o expuxo o alcalde, Enrique Cabaleiro, nunha resolución na que se explica que ante a emerxencia sanitaria provocada polo virus Covid-19 e a prórroga do estado de alarma, cómpre seguir adoptando medidas de prevención e loita contra o coronavirus.
O rexedor engade que esta decisión se adopta ante a incerteza existente sobre a evolución da emerxencia sanitaria e tendo en conta a antelación coa hai que organizar eventos culturais ou deportivos.