O Concello de Nigrán concluíu este domingo 10 de maio a celebración dos seus ‘aniversarios de balcón’ para os máis cativos e anciás do municipio ante o inicio da fase 1 de desconfinamente este luns 11 de maio, cando xa se permitirá maior mobilidade e contacto social.
A iniciativa, que arrancou o Concello o 2 de abril co pequeno Gabriel, sumou ata hoxe 167 celebracións e unha voda, consistindo en convocar a través das redes sociais á veciñanza máis próxima para cantarlles e en desprazar a Protección Civil ao domicilio (asociación que deixou de participar o domingo pasado) para entregar un agasallo.
A maiores, para os de 5 a 16 anos, o Concello lles ofreceu unha videochamada en directo do Mago Rey Midas para realizar un pequeño show.
“Afortunadamente os aniversarios de balcón xa non son precisos porque desde o lunes se poden celebrar ao calor da familia e amigos próximos. Foi moi gratificante para nos ter organizado estas case 150 celebracións que sempre recordaremos”, resume o alcalde, Juan González.