O colectivo Ecoloxistas en Acción fixo pública este martes a súa proposta para conservar as zonas verdes do monte do Castro, crear un bosque autóctono e protexer o parque xa existente. «As cidades verdes son mellor valoradas polos seus visitantes e son mellor valoradas económicamente polos que van vivir nelas. Un dos factores que incrementa o valor da vivenda é a existencia de zonas verdes», afirman nun comunicado.
Desde o grupo ecoloxista apostan por unha paisaxe con árbores que «pode incrementar o valor dun inmoble nun 20%» e sinala que as zonas de ocio e turismo con contornos naturais son «moito mais visitadas e preferidas polos cidadáns».
Así, ofrecen as autoridades municipais cinco propostas para a conservación das zonas verdes e a protección do Parque do Castro. «Nunha sociedade cada vez mais urbanita, cada vez mais afastada da vida rural, das aldeas e que realiza a maior partes das súas actividades cotiás nas urbes, a natureza urbana é esencial», sinalan.
Ecoloxistas en Acción Vigo presenta a proposta dun Bosque Urbano de Vigo, unha proposta técnica para reforestación e restauración vexetal do Parque do Castro de Vigo e acreación dun Gran Bosque autóctono na cidade de Vigo.
Dende Ecoloxistas en Acción propoñen ao Concello de Vigo:
1. Unha política integrada de respeto ó medio ambiente da cidade de Vigo, apostando polas áreas verdes en parques e rúas e apostando pola reducción do uso de tratamentos químicos. O beneficio é para a cidade e para ás viguesas e vigueses. O beneficio é para o medio ambiente e para a calidade da cidade. O beneficio é para suavizar a emerxencia xanitaria. O beneficio é para avanzar en medidas contra a emerxencia climática. A conservación de parques e xardíns, de árbores das rúas, da flora de beirarúas e espazos libre reporta beneficios para a saude e a calidade de vida das viguesas e vigueses.
2. Plan de manexo e conservación da flora e fauna da gran zona verde do centro do casco urbano de Vigo. Protección efectiva do Parque do Castro, do seu patrimonio natural, arquitectónico e histórico.
3. Reforestación do Parque do Castro para convertilo nunha gran área urbana verde. Construir un «Bosque Urbano de Vigo» no que se pranten árbores autóctonas e se realice unha restauración que convirta nun parque de referencia internacional dende o punto de vista medioambiental e cultural. Un gran bosque prantado por voluntarios no que creza unha gran carballeira e os nenos poidan observar especies autóctonas coma castiñeiros, bidueiros, pradairos, freixos, sobreiras, teixos e acibos. Especies que atraerán paxaros e fauna autoctona que ven desaparecendo da cidade nas últimas décadas: pardais, paporrubios, zorzais, verderóns ou andoriñas. Especies de árbores que devolverán a pasaxe de outono ós vigueses e viguesas, como ocurre en moitas ciudades europeas. Que podamos disfrutar dos ocres, bermellos e amárelos das follas do bosque autóctono. A proposta inclué a prantación de especies frondosas de porte mediano e de folla caediza polo paseo circular pola contorna da muralla do Castelo. Por último cinturones verdes de protección dos parques de xogos infantis e áreas biosaudables e no borde sur do aparcadoiro municipal de coches.
4. Acordo para construir unha cidade sostenible no que cidadáns, colectivos veciñais, colectivos medioambientais e administración colaboremos para que a vida sexa mellor. Proponemos á sociedade viguesa un pacto verde no que se priorice a conservación das zonas verdes do casco urbano e se melloren as zonas verdes periféricas e os parques forestais.
5. Priorizar o uso do Parque do Castro para peóns e ciclistas. Humanización e peanolización definitiva do paseo de Rosalía de Castro, eliminación dunha parte do asfalto para aumentar o paseo de terra e os xardins e habilitación do resto da zona asfaltada coma carril bici e para vehículos de emerxencia e municipais. Humanización do paseo dos Cedros e Paseo Cronista Xosé M. Álvarez Blázquez, priorizando o uso de bicicletas e peóns.