O Concello de Vigo abre o vindeiro luns 25 de maio de xeito gradual as hortas urbanas para as persoas que xa están inscritas no programa. Nestes momentos están acometéndose labores de acondicionamento e rozadura dos camiños para preparar os terreos.
Debido á pandemia, o aforo redúcese a un terzo do habitual, para cumprir os criterios de distanciamento e protección dos participantes, pasando de 60 a 20 persoas usuarias. Tamén se reduce o horario de traballo, a unha hora e media, cando antes de permitía estar durante tres horas, aínda que se amplían os horarios de apertura para facilitar novas quendas aos participantes. Ademais, só poderán estar presentes nas hortas as persoas que teñan a reserva feita previamente, as que vaian traballar exclusivamente.
As solicitudes poden realizarse ata o sábado día 23 e, unha vez completada, o Concello comunicará por vía telemática as quendas asignadas nas 6 hortas-escola municipais: Sardomela-Cabral, Fontáns-Lavadores, Ramón Nieto, Pedro Alvarado-Teis, Navia e Camelias.