A Asociación Veciñal de Teis lanzou este martes unha queixa polo estado dos espazos públicos na ETEA, tanto do parque público como do paseo marítimo. A agrupación dirixiuse por escrito hai máis dunha semana ao Concello de Vigo e a Xunta de Galicia ao respecto pero aínda non obtivo resposta.
Segundo expoñen, as zonas verdes están “abandonadas”, a vexetación invade o parque, hai lixo no chan e as papeleiras non se baleiran. “É necesario que se realice periodicamente o mantemento deste parque e dos espazos verdes”, sinalan.
O parque público foi construído pola Consellaría de Infraestruturas en 2013 e o paseo marítimo realizado polo Concello de Vigo en 2011. Sobre este espazo, os veciños denuncian que non se realiza un traballo de mantemento habitual e abunda a vexetación. Ademais, o firme está “moi deteriorado”.
“A falta de coordinación e entendemento entre ambas administracións, que non é a primeira vez que se producen a ETEA, só prexudica a veciñanza de Teis”, critican.