A Xunta de Goberno Local de Vigo aprobou este xoves os proxectos para reformar e dotar de beirarrúas a tres viais das parroquias do rural. Trátase da Estrada da Venda, en Beade, e das rúas Caeiro e Figueiras, en Cabral.
O Concello de Vigo deu o visto e prace a esta actuación na Estrada da Venda, cun orzamento de licitación de 269.360 euros, para facilitar o tránsito de peóns na marxe dereita da vía ao longo de 630 metros e outros 30 metros na marxe esquerda. Tamén están incluídas a canalización de pluviais baixo a beirarrúa e a iluminación exterior. O prazo estimado de execución é de catro meses.
No caso das rúas Caeiro e Figueiras, o orzamento de licitación é de 173.555 euros e actuación inclúe unha beirarrúa de 1,50 metros de ancho, ao longo de 500 metros na marxe esquerda e 80 metros no dereito. Tamén se mellorará canalización de pluviais, iluminación exterior, sinalización horizontal e se colocarán tres bancos. O prazo estimado das obras é de tres meses.