A rúa do Príncipe acollerá máis de 55 sinaturas de autores dende este xoves, 25 de xuño, e ata o sábado 4 de xullo, co gallo da XLVI Feira do Libro de Vigo, que contará coa presenza de 6 librerías e co pregón inaugural da escritora María Xosé Queizán.
A feira terá como lema este ano “Non contaxian, pero enganchan”, en referencia aos libros. O horario de apertura irá de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. O evento desenvolverase fronte ao Museo de Arte Contemporánea (MARCO) adoptando todas as medidas de seguridade sanitaria e respectando as normas do distanciamento social, que impiden a celebración de presentación de novas obras pero non as sinaturas dos autores.
Disporán de espazo propio as librarías Librouro, Cortizas, Nobel Gran Vía, Pedreira, Hobbit, A Gata Tola, o Centro de Documentación Feminista de Vigo e a Biblioteca Neira Vilas. Os lectores poderán acceder a un 10% de desconto en todos os exemplares.