O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra vén de publicar a convocatoria de axudas para a mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios de Vigo con más de dous andares –sen contar baixo- e unha antigüidade superior a 20 anos que carezan de ascensor ou que precisen obras de accesibilidade.
As achegas –a fondo perdido– para os anos 2020 e 2021 beneficiarán a propietarios de inmobles, tanto individuais como comunidades de propietarios, que promovan ou executen a obra entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de outubro de 2021. O importe total da axuda é de 50.000 euros por exercicio -100.000 euros en total- e a cantidade máxima por edificación residencial será de 3.000 euros.
Estarán cubertas as actuacións de primeira instalación de ascensores, ramplas, plataformas elevadoras, varandas ou calquera outras obras ou instalacións que teñan por finalidade salvar os desniveis existentes entre a beirarrúa e o portal ou entre este e o ascensor, así como dos descansos de entrada ás diferentes vivendas que integran o inmoble ou que, en xeral, supoñan unha mellora efectiva da accesibilidade ou a eliminación de barreiras en escaleiras e vestíbulos.
Tamén se contemplan achegas para instalar elementos de apoio, como grúas ou aparellos análogos, que faciliten o acceso e uso por persoas con discapacidade a elementos comúns da edificación. Do mesmo xeito, sufrágase o custe de implantar elementos de información e aviso, luminoso e sonoro, que faciliten a orientación no usos de ascensores e escaleiras.
Entre os conceptos que se abonarán inclúense –ata un máximo de 1.000 euros– os honorarios profesionais, o custo de redacción de proxectos, os informes técnicos e certificados que sexan preceptivos, así como os gastos derivados da tramitación administrativa, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. En xeral, consideraranse subvencionables –ata un máximo de 3.000 euros– os custos de equipamentos, materiais, obra civil, man de obra e os impostos indirectos asociados a obra e posta en servizo do ascensor, de maneira que quede operativo.
Con todo, a contía total percibida por todos os conceptos non poderá superar os 3.000 euros. A presentación da solicitude pode facerse nun prazo de tres meses a través da páxina web do Concello de Vigo para as comunidades e por vía telemática ou presencial para as persoas físicas.
Non serán subvencionables, de ningún xeito os incrementos do orzamento de gastos que non se tiveran recollido na solicitude achegada, os gastos de mantemento das instalacións ou infraestruturas cuxa execución se subvenciona, os gastos que non estean claramente definidos e que non se tiveran reflectido na orzamento e/ou proxecto incluído na acta na que consta a aprobación do gasto pola xunta de propietarios que se acompaña, os gastos e custos financeiros derivados do investimento, os intereses debedores das contas bancarias, os recargos e sancións administrativas e penais ou os gastos de procedementos xudiciais