Arbo celebra dende o 1 ao 9 de agosto a Semana Gastronómica, a alternativa para este ano para exaltar ao seu produto estrela trala cancelación polo Covid en abril da Festa da Lamprea, que este ano cumpría a súa 60 edición, e a Festa da Lamprea Seca.
A programación da Semana Gastronómica elaborouse coa premisa de evitar as aglomeracións pero permite aos visitantes e peregrinos disfrutar da lamprea, que ademais e o sinal de identidade da Vila de Arbo.
O primeiro menú que servirán Restaurante os Pirus estes nove días custa 25 euros e inclúe catro pratos: empanada de lamprea, lamprea rechea con salpicón, lamprea seca afumada con fideos e chícharos, de sobremesa postre según carta de restaurante e café. A segunda opción, de cinco pratos, custa 30 euros e inclúe empanada de lamprea, lamprea rechea con salpicón, lamprea seca asada ou frita, lamprea seca afumada con fideos e chícharos, postre según carta de restaurante e café.
A Semana Gastronómica está dirixida tamén a aqueles que están a pasar as súas vacacións na comarca ou os arredores, para que veñan gozar deste manxar exquisito tradicional de Arbo, cuxa preparación se foi transmitindo de xeración en xeración e para todos os que ano tras ano son fieis a Tempada da Lamprea e a degustación nos días da Festa, da Lamprea na Carpa de Arbomostra – manifesta o alcalde de Arbo, Horacio Gil. A festa da Lamprea, é a festa gastronómica máis antigua de Galicia, eleva a degustación desta exclusiva exquisitez ao estatus de culto. Xa os emperadores romanos facían que lles levaran lampreas das nosas «pesqueiras» a Roma, e o último fin de semana de abril son milleiros de persoas as que se acerquen a Arbo para cumprir coa súa peregrinaxe anual ao templo da lamprea – remata Horacio Gil
Os actos da LX Festa da Lamprea e da XXV Festa da Lamprea Seca tamén teran cine e máxia, e rematarán coa Gala da Lamprea que terá lugar o día 9 de agosto na Praza Consistorio, donde se ten programado a entrega de premios do Concurso de redacción e debuxo do CEIP Antonio Carpintero, premiados do concurso do Cartel da LX Festa da Lamprea e do Certame Brais Alonso, así como a entrega de diplomas aos voluntarios e voluntarias que coa súa solidaridade teceron mascarillas reutilizables para os comercios, empresas e veciños e veciñas de Arbo, as adegas que puxeron a disposición a súa maquinaria para desinfección de lugares públicos e aos voluntarios que desinfectarón, así como o final do acto se descubrira unha placa a favor do pobo de Arbo, Arbense Distinguido 2020 polo seu comportamento exemplar durante a Crise Sanitaria que afectou a todo o mundo.