A Policía Local de Tui realizou o pasado fin de semana oito propostas de sanción por non uso da máscara, cinco delas o venres pola noite e tres máis o sábado.
Os axentes desenvolveron durante a fin de semana un operativo especial para evitar a celebración de botellóns, disolvendo varios na noite do venres en diferentes puntos do centro urbano e de novo na noite do sábado.
Nun comunicado, indicaron asimesmo que se denunciou por vía administrativa ás 3:43 horas da madrugada do sábado ao domingo a unha persoa por conducir baixo os efectos do alcohol, dando positivo no control en 0,58 mg/l en aire expirado. Tamén foron identificadas catro persoas involucradas nunha pelexa que foron sancionadas por alteración da orde pública.
Por último, comunicaron a intervención nun accidente de tráfico rexistrado ás sete da tarde do domingo no que se viu implicada unha moto e un turismo e na que resultaron feridos de gravidade os ocupantes da motocicleta, que foron trasladados a un centro hospitalario de Vigo.