Vigo acollerá esta fin de semana un total de sete concertos en diferentes lugares da cidade. Este mesmo venres, na Porta do Sol, Pablo LeSuit e Cómplices ofrecen a primeira actuación das 15 programadas con grupos de Vigo entre os meses de agosto e setembro.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que o Concello ofrece esta fin de semana sete concertos de diferentes estilos de música que reunirán en diferentes puntos da cidade, desde o Auditorio Mar de Vigo ata a Porta do Sol ou a Praza do Rei.
O primeiro dos concertos foi este venres no Auditorio Mar de Vigo, onde o grupo Pol 3.14 actuou dentro do programa do Festival Terraceo. Media máis tarde tiveron lugar outras dúas citas musicais, unha delas na Praza do Rei coa UVCD de Candeán no ciclo Mar de Bandas, e outra na Finca Solita con Marimba Shadow.
As 22:00 horas, na Porta do Sol, arrincou o concerto de Pablo Lesuit e o grupo Cómplices, encargados de abrir a programación municipal de concertos que percorrerá todos os barrios de Vigo ata o vindeiro 13 de setembro. Así, este sábado será a quenda de Fon Román, Amaro Ferreiro e Frans Banfield en Liñares (no torreiro de San) e domingo 23 de agosto, tamén ás 22:00 horas, actuarán Woyza e Baby Katze, e Broken Peach no torreiro de Coia. Ademais, o grupo Marlango estará no Festival TerraCeo o sábado (20:00 horas).
En total, o Concello de Vigo programa 72 concertos de bandas e corais, case que medio centenar de música e baile tradicional e preto dun cento de actividades para os máis pequenos, con música, teatro, contacontos e maxia, entre outras. Vigo tamén ofrece máis de setenta actuacións de teatro, circo e música para un público máis familiar e adulto, regueifas, espectáculos que conxugan poesía e piano e charlas de divulgación científica. Todas estas propostas terán lugar por toda a cidade.