A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e comarca propuxo este venres celebrar reunións en cada centro escolar entre todas as partes implicadas, desde profesores, colexios, anpas e administracións, para coordinar o regreso ás aulas. Conocedores da dificultade de celebrar estas xuntanzas antes do 10 de setembro tamén avanzan que se podería retrasar a volta ao colexio.
«Dende a nosa posición propoñemos a administración una xuntanza antes de que comece o curso en cada centro educativo entre: equipo directivo, anpas, persoal técnico Covid-19 da Xunta (Sanidade-Educación) e representante do Concello no consello Escolar para valorar as necesidades de cada centro de profesorado, espazo e demais recursos, así como a aplicación do protocolo dende que as crianzas entran na escola ata que marchan», sinalan nun comunicado.
Foanpas consideran que habería posibilidades de retrasar o inicio do curso. «Sabemos que isto supón tempo, pero consideramos que , a estas alturas, pódese retrasar uns días o comezo do curso, como xa están a facer otras CCAA, por exemplo o Principado de Asturias que, cun índice moi inferior de contaxios con respecto a nosa Comunidade (de feito é a última do país), xa anunciou o retraso da incorporación das nenas e nenos aos centros para garantir maior seguridade», apuntan.
O comunicado dos representantes de pais e nais de Vigo sinalan que despois da reunión celebrada este xoves entre o Goberno e as CCAA, a Xunta de Galicia deberá establecer cambios importantes no actual protocolo. Así, mencionan a necesidade de ampliar a distancia entre alumnos a 1,5 metros ou dispor de grupos de convivencia para Educación Infantil ou Primaria.
Ademais, reclaman a figura do persoal sanitario como imprescindible e lembran que nin Goberno nin Xunta estableceron «medidas axeitadas e específicas para a xestión de diferentes servizos (aula madruga, comedor, extraescolares) imprescindibles para a conciliación de miles de familias».