O Concello de Baiona anunciou a apertura de expedientes sancionadores aos veciños «pouco cívicos» que depositan o lixo na rúa e non utilizan os contedores. «Tirar a lixo fóra do horario establecido, depositar as bolsas na rúa, abandonar residuos en puntos non autorizados ou amontoar restos vexetais a carón dos contedores son algunhas das condutas que están a ser obxecto dos devanditos expedientes. Os infractores detectados son tanto empresas coma particulares», sinala o Concello nun comunicado.
Dende o goberno municipal, a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Domínguez destaca que “segan a ordenanza municipal: a correcta xestión dos residuos é de obrigado cumprimento, e insisten en que a falta de civismo dalgúns non pode prevalecer sobre todos os que si respectan as normas de convivencia”.
Estos comportamentos veñen sucedendo dende fai anos, pero a crise do Covid-19 agravou a situación, xa que moitos veciños néganse a abrir os contedores e arroxan as bolsas ó chan, incluso sen baixar dos seus vehículos.
O alcalde, Carlos Gómez, instou a todas as veciñas e aos veciños de Baiona a dar exemplo e atallar o grave problema que supón o incumprimento das nosas obrigas como cidadáns: «Trátase de concienciar, non de multar».