A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, reuniu por primeira vez este mércores a todos os xefes territoriais tras tomar posesión o pasado luns. Tal e como destacou a representante autonómica, a xuntanza serviu como primeira toma de contacto para abordar os temas pendentes que afectan aos 14 concellos da área viguesa.
Asuntos que non lle son alleos a Fernández-Tapias posto que na anterior lexislatura ocupou o posto de directora de Administración Local, cargo que implica unha vinculación estreita cos concellos.
Segundo informou, manterá estas reunións con carácter periódico para axilizar ao máximo os asuntos que competen á delegación territorial.