O Goberno de Vigo aprobou definitivamente o proxecto de expropiación por taxación conxunta para facerse cos terreos necesarios para ampliar o paseo do Lagares.
Esta nova senda fluvial, que vai desde Manuel Álvarez ata a Avenida de Madrid, contará cun orzamento de case 800.000 euros e requirira expropiar 96 parcelas de zonas pegadas ao río co obxectivo de dar continuidade ao camiño actual, que se rehabilitará no seu conxunto neste mandato.
O proxecto incorpora un estudio ambiental de todo o trazado. Neste sentido, Caballero, moi criticado na cidade pola tala de árbores, comprometeu a plantación de 140 árbores de gran porte (carballos e freixos) e 640 arbustos e pequenas árbores. A isto sumarase unha recuperación integral da biodiversidade das marxes e espazos fluviais.
Está previsto licitar antes de final de ano o proxecto construtivo, que abrangue 3,2 quilómetros novos de senda, que supoñen o 18,4% dos 17,7 quilómetros do río.